viernes, 31 de mayo de 2013

VÍDEOLIBRO

O PINTOR DO SOMBREIRO DE MALVAS - MARCOS CALVEIRO

Rebeca C.

MATILDA - ROALD DALH

Andrea C.

jueves, 7 de marzo de 2013

CREACIÓN DUNHA COUSA




O GATO DO ENTROIDO

Rosa é unha muller da miña aldea duns cincuenta anos. É unha señora relixiosa, elegante, traballadora e sobre todo moi cumprida. Todos os da vila a coñecen, e non dubidan en avisala para pedirlle axuda se precisan. En Xunqueira de Espadanedo, hai dous anos, ocorreu unha anécdota con Rosa que fixo que algunha xente perdera a confianza nela.
Eran datas de Entroido, e preparábase un concurso, nunha vila cerca de Xunqueira. A xente xuntábase por aldeas para disfrazarse. Tiñan que ir todos iguais e gañaba quen máis xente tivera e mellor fora o traxe. Nesta aldea, animouse bastante xente, e ao ter o disfrace elixido, Rosa ofreceuse para encargalos e traelos para ese día. Todos aceptaron sabendo que Rosa era unha muller moi responsable e pensando que non terían problema. A falta de tres días para o concurso, chamárona de que xa podía recollelos. Foinos buscar e levounos á súa casa, onde os colgou nun cuarto. Chegou a hora e Rosa, sen moito tempo, colleu todos os disfraces e levounos á sala onde todos quedaran para poder prepararse e marchar á festa. A sorpresa foi, que ao ir colléndoos para vestirse, a xente decatouse de que moitos deles estaban todos rotos. Rosa non cría o que estaba vendo, e as culpas eran para ela. Non dicía nada, só pensaba como puidera pasar iso e porque ela non se decatara de que estaban rotos xa na tenda. Entón, foi cando se acordou que ao coller os disfraces a porta do cuarto estaba aberta, e dentro, o seu gato.
Ao fin, ela explicoulle todo e pediulle desculpas. Intentaron arranxar algo os traxes e marcharon todos á festa de Entroido. Aínda coa explicación razoada, moitos, xa non pensan que Rosa sexa tan responsable.

Rebeca C.

DIEGO, O PORTEIRO DE HÓCKEY

     Na cidade de Ourense vive un rapaz chamado Diego. É delgado, louro, ten dezaseis anos e un carácter moi tímido, ás veces, fai e di algunhas parvadas e ten memoria de peixe. Gústalle moito ler sempre e cando a lectura sexa de libros de aventuras contemporáneas.
     Polo seu 16 aniversario, a súa tía Fina regaloulle un libro titulado Diego o porteiro de hóckey, chamoulle a atención o título porque el tamén xoga ao hóckey. Ao día seguinte, atopábase un pouco mal, e súa nai non o deixou erguer da cama. Comezou a ler o libro no que descubriu que o protagonista tiña moito en común con el, gustoulle tanto que nese mesmo día rematouno. Á mañá seguinte ergueuse con moita enerxía, facíalle falta pois tiñan o partido da final do campionato galego. Ao colocarse diante da portería notou que algo non ía ben, pero o partido xa comezara e non había tempo de mirar que era. Chegou o primeiro tiro á porta e Diego parouno. Ao querer devolverlle a pelota ao seu compañeiro decatouse de que se atopaba noutro lugar, non eran os seus compañeiros, nada era como antes. Tentou falar co seu adestrador pero tampouco era o mesmo.
Como bo profesional do deporte seguiu xogando e berrándolle aos seus novos compañeiros as tácticas de xogo que tiña asignadas para ese partido. Camiñando cara aos vestiarios notou que algo o molestaba dentro da bota, ao sacala viu que era unha nota na que puña “Os teus soños poden facerse realidade, ti tamén es importante”.  Ao rematar de ler a frase espertou cunha caricia de súa nai. Todo fora un soño, hoxe era o día do partido. Encamiñouse cara ao campo e ao chegar leu unha pancarta que puña o mesmo que a nota do soño, pero cunha pequena modificación, estaba asinada.

Andrea C.

miércoles, 24 de octubre de 2012

ASÍ SON EU: COMO ME VEN?


ASÍ SON EU: COMO ME VEN?

Andrea Chaves Rivas? Si, sei quen é. Unha rapaza moi alegre. Ten o pelo liso por enriba dos hombros, é delgada e non moi alta. De pequena era moi revoltosa, sempre estaba dando a nota pola aldea, Bouzas. É moi agradable, sincera, boa persona, amiga do seu, moi educada… Tamén é moi simpática porque sempre fala con todo o mundo e respetuosa xa que a xente que non coñece e as persoas maiores trátaas de  Vde. Estudou no CEIP Baños de Molgas e agora vai ao IES San Mamede. Cústanlle un pouco as Matemáticas, encántalle ler, ir a pintura e ao coro; canta na Coral Ansuiña. O seu libro preferido é Bajo la misma estrella de John Green.                          
Ana (Irmá, 17 anos)

Andrea Chaves? Si, sóame… De tela visto por aquí algún día en compañía da súa nai. E un pouco mais alta que a nai, ten o pelo corto e liso, usaba gafas pero ultimamente non llas teño visto. Téñoa visto cun libro de Inglés e creo que estuda no mesmo centro que o meu fillo, o IES San Mamede. Esta lendo o libro de Agustín Fdez Paz o único que queda é o amor.                
Juani (Caixeira do supermercado, 50 anos)

Andrea C.



Rebeca? Si, sei ben quen é. Vive en Xunqueira de Espadanedo dende sempre e coñezo moi ben a seus pais e seus avós. Gústanlle os idiomas e non se lle dan moi ben as matemáticas. Vai ao IES San Mamede fai anos, exactamente creo que cursa agora 4º da ESO. Véxoa a diario porque ven aquí ao bar a ver os partidos do Real Madrid.
Teresa(Bar da vila, 50 anos)

Rebeca é a miña prima pequena coa que paso gran parte do meu tempo. Gústalle moito viaxar, de feito este ano fomos xuntas a Sevilla coa Asociación Cultural e Xuvenil Os Xuncos e máis adiante a Madrid. Nesta última viaxe leu por segunda vez  O pintor do Sombreiro de Malvas, que me dixo que lle gustara moito. Aparte de todo isto, a afección que compartimos as dúas e na que pasamos máis tempo xuntas é o fútbol. Vemos a maioría, por non dicir todos, os partidos xuntas e gústalle ler o diario Marca todas as mañás. Non é moi cariñosa, pero gústalle pasar tempo cos amigos e a familia e ten un carácter moi alegre.
Rosa Mari (Prima, 23 anos)

Rebeca C.

lunes, 1 de octubre de 2012

ASÍ SON EU: GÚSTAME/ NON ME GUSTA



Gústame: Sorrir, a tortilla de pataca da miña nai, que me digan cousas bonitas, xogar co meu irmán, o olor a terra mollada, as cores violeta e fucsia, que me desperten cun sorriso, bailar comeu primo, facer pasteis, escoitar música, ver películas antigas, cantar no coro, escoitar as historias da miña avoa, comer xeados, falar coa miña nai, pasear polo monte, o Nadal, os agasallos porque si, ir a piscina e sacar fotos cos meus amigos, beber chocolate quente no inverno, a lúa chea, pintar a óleo, contar estrelas, os cadros de Van Gogh, a película Greace, dormirme escoitando música, que os meus amigos sexan felices, as novelas románticas, a cidade de Sevilla, as reunións familiares, a lúa chea, durmir coa miña irmá, chorar con momentos tristes ou románticos de algunha película, a neve, rirme co meu avó e as súas imitacións, a sandía, facer rabiar ao meu pai sentándome no seu colo, ser especial, pasalo ben cos amigos de sempre, ver como chove pola ventá…

 

Non me gusta: A tormenta, as pelexas, as cancións de rap, os fracasos, que me fagan sufrir, o remate das vacacións, que a xente fume, os finais tristes, os sorrisos falsos, que ingresen aos meus avós no hospital as mentiras, os programas do corazón, ver chorar ao meu irmán, os anuncios da tele, estudar historia, estar enferma, a xente que se cree o que non é, que non se vexa a lúa de noite, os poemas e as reflexións adicados a morte, a tristeza nos ollos da xente, os catarros de verán, as persoas superficiais, ter incidentes tontos, que me desperten a berros, que chova en días importantes para min, a xente pesada, que a miña irmá se manque xogando ao fútbol, que non me contesten a preguntas importantes, xogar as agachadas, as preguntas indiscretas,…

Andrea C.

Gústame: Comer coa familia, ir ao cine, pasar tempo co meu irmán, montar a cabalo, as festas do meu pobo, a cor vermella, o fútbol, escoitar chover dende a cama, quedar cos meus amigos, escoitar música, o son das ondas do mar, a xente optimista, ver como neva no Nadal, os paseos por a praia, o número sete, viaxar e coñecer novas cidades, ver fotos de anos atrás, vivir o ambiente dun campo de fútbol, escoitar as historias dos meus avós, Cristiano Ronaldo, ver os primeiros pasos da miña prima pequena, recordar os bos momentos da infancia, Felipe Reyes, aprender idiomas, ver a tele, celebrar as vitorias do meu equipo, sacar fotos, as cidades de Madrid e Sevilla…

 

Non me gusta: A soidade, a primeira clase dos luns, o xeado de vainilla, as pelexas, madrugar os domingos, a inxustiza, o final do verán, os atascos, a mentira, que me berren, os incendios, a tormenta, as arañas, que me repitan as cousas, os hospitais, tirar a toalla facilmente, o sufrimento das enfermidades, que me fagan esperar, o vento, a escuridade, as agullas, o racismo, a contaminación nos montes, o maltrato...

 Rebeca C.