Gústame: Sorrir, a tortilla de pataca da miña nai, que me
digan cousas bonitas, xogar co meu irmán, o olor a terra mollada, as cores
violeta e fucsia, que me desperten cun sorriso, bailar comeu primo, facer
pasteis, escoitar música, ver películas antigas, cantar no coro, escoitar as
historias da miña avoa, comer xeados, falar coa miña nai, pasear polo monte, o
Nadal, os agasallos porque si, ir a piscina e sacar fotos cos meus amigos,
beber chocolate quente no inverno, a lúa chea, pintar a óleo, contar estrelas,
os cadros de Van Gogh, a película Greace,
dormirme escoitando música, que os meus amigos sexan felices, as novelas
románticas, a cidade de Sevilla, as reunións familiares, a lúa chea, durmir coa
miña irmá, chorar con momentos tristes ou románticos de algunha película, a
neve, rirme co meu avó e as súas imitacións, a sandía, facer rabiar ao meu pai
sentándome no seu colo, ser especial, pasalo ben cos amigos de sempre, ver como
chove pola ventá…
Non me gusta: A tormenta, as pelexas, as
cancións de rap, os fracasos, que me fagan sufrir, o remate das vacacións, que
a xente fume, os finais tristes, os sorrisos falsos, que ingresen aos meus avós
no hospital as mentiras, os programas do corazón, ver chorar ao meu irmán, os
anuncios da tele, estudar historia, estar enferma, a xente que se cree o que non
é, que non se vexa a lúa de noite, os poemas e as reflexións adicados a morte,
a tristeza nos ollos da xente, os catarros de verán, as persoas superficiais,
ter incidentes tontos, que me desperten a berros, que chova en días importantes
para min, a xente pesada, que a miña irmá se manque xogando ao fútbol, que non
me contesten a preguntas importantes, xogar as agachadas, as preguntas
indiscretas,…
Andrea C.
Gústame: Comer coa
familia, ir ao cine, pasar tempo co meu irmán, montar a cabalo, as festas do
meu pobo, a cor vermella, o fútbol, escoitar chover dende a cama, quedar cos
meus amigos, escoitar música, o son das ondas do mar, a xente optimista, ver
como neva no Nadal, os paseos por a praia, o número sete, viaxar e coñecer
novas cidades, ver fotos de anos atrás, vivir o ambiente dun campo de fútbol,
escoitar as historias dos meus avós, Cristiano Ronaldo, ver os primeiros pasos
da miña prima pequena, recordar os bos momentos da infancia, Felipe Reyes,
aprender idiomas, ver a tele, celebrar as vitorias do meu equipo, sacar fotos,
as cidades de Madrid e Sevilla…
Non me gusta: A soidade, a
primeira clase dos luns, o xeado de vainilla, as pelexas, madrugar os domingos,
a inxustiza, o final do verán, os atascos, a mentira, que me berren, os
incendios, a tormenta, as arañas, que me repitan as cousas, os hospitais, tirar
a toalla facilmente, o sufrimento das enfermidades, que me fagan esperar, o
vento, a escuridade, as agullas, o racismo, a contaminación nos montes, o
maltrato...
Rebeca C.
No hay comentarios:
Publicar un comentario